O proxecto do Camiño de Santiago

Screen Shot 2017-06-09 at 7.29.00 PMNo 1999 vivía en Londres, estudaba inglés, traballaba na diáspora como camareiro e era un fotoxornalista freelance máis das axencias AFP e AP que percorrían en bicicleta as rúas da capital londinense na procura de novas e fotos que vender. Os sábados cortaba a herba nun cemiterio da segunda guerra mundial e ao mediodía bebía té con galletas de manteiga xunto cos meus compañeiros de traballo.

Un día escribín un proxecto sobre documentar o camiño de Santiago a un xornal galego co que xa colaborara en outras ocasións. O director respondeu a miña carta aprobando a idea orixinal de camiñar desde Roncesvalles até Compostela enviando crónicas e fotos. Daquela non existía internet, e tampouco cámaras dixitais, o traballo era ao máis puro clásico estilo do reporterismo, papel e película.

Deixei Londres, levei conmigo a bicicleta (chegou destrozada nun voo de Iberia) e comecei a camiñar en Roncesvalles. Levaba unha mochila, dúas Nikon FM2, película en cór e caderno para as crónicas da viaxe. Enviaba ss películas xunto coas crónicas feitas a mán vía paquete postal e correo urxente, a redacción do xornal, concretamente ó departamento de fotografía, do que Manolo Blanco era o xefe.

Despois de 28 días de pateo cheguei a Compostela e unha semana máis tarde o director do xornal aprobaba a segunda viaxe desde Lisboa documentando o pouco que se coñecía do Camiño Portugués, que daquela comezaba en Oporto. En Lisboa durante unha semana adiqueime a ler moito sobre a viaxe de Confalonieri e puiden mercar mapas militares, seguindo os pasos do manuscrito da viaxe do sacerdote italiano Juan Bautista Confalonieri realizado entre 1592 e 1597.

Para realizar a viaxe o máis semellante posible e pasando polos lugares que citaba o italiano, tracei unha ruta sobre os mapas cartográficos e procurei fotografar detalles que documentaran o seu paso. Nunha aldea moi perdida do camiño atopei unha restauración dunha igrexa citada no manuscrito que tiña inscripcións no granito da cuncha de Santiago, así como outros detalles que nos achegaban a unha posible tésis da auténtica ruta dos peregrinos a Compostela. Confalonieri realizou o seu camiño en base ao viaxeiro alemán Jerónimo Münzer que o fixera un século antes.

A idea en xeral, era aportar documentación para unha posible publicación sobre a apertura do camiño desde Lisboa. As críticas recibidas as crónicas desta viaxe de case 28 días eran moi destructivas, sobre todo no aspecto de ter documentado o día a día o que acontecía, e o que vivía, xa que até aquela data ningún xornalista percorrera a pé a ruta que todavía non existía. Os datos que partillaba do camiño portugués (camiños, aldeas, puntos de interese) eran para que os futuros viaxeiros, peregrinos ou non, as tiveran en conta para a súa viaxe. Daquela non existían albergues para camiñantes, e pernoctar como un auténtico peregrino impoñía dormir ao pairo e ver as estrelas dos ceos de setembro. Entre Lisboa e Fátima a xente entendía a peregrinación, pero a partires do santuario de peregrinación portugués a xente non entendía o de facer o camiño a Santiago. Moitos dos ancestrales lugares de paso dos antigos peregrinos eran agora estradas polas que circulaban moito camión e coches, resultando moi perigoso para os camiñantes.

Ao goberno do PP daquela non lle gustou moito como se facía este camiño, xa que eles, inventores do Xacobeo, tiñan os seus propios profetas e mesías para falar do seu gran negocio. Falar diferente era un sacrilexio, así que unha vez rematado o camiño portugués a pé, varios colegas do xornal explícaronme detalladamente o parecer da dirección e achegados. O Estado mesiánico puña de novo en marcha o seu aparato mediático e aniquila a intención do xornalista de publicar un libro sobre o Camiño portugués. Entre aqueles tempos e os de agora non cambiou moito a cousa, os caciques seguen a estar manexando a política desde as súas poltronas e moven os seus fíos para decir que os camiños de Santiago lles pertenecen, chaman aos xornalistas en nómina e fotografían e escriben dos 200 metros que percorreu tal político no respectivo camiño a Santiago.

No 2006 vivía en Letonia, e o novo goberno de esquerdas convídame a levar outro novo proxecto sobre o Camiño co gallo do Xacobeo no 2010. Estudiei o tema e fixen a proposta de engadir outros autores, fotógrafos galegos e europeos, en total 14 autores entre homes e mulleres, moi políticamente correcto.

Publicaronse libros, imprimironse centos de imaxes e se gardaron en caixas feitas a medida para levalas polo mundo adiante. No 2009 a dereita gañou de novo as eleccións e o proxecto sufriu moitos cambios. A promoción que fixeran os de esquerdas sobre a importancia dos Camiños no Xacobeo, mudou de nome e significado. Cando antes se convidaban ós autores a presentar unha exposición agora se lles obviaba, e eu deixei de existir como comisario e fundador do mesmo.

Hoxe en día non se sabe donde están as fotos, non hai novas de que esten expostas en outros países ou mesmo no museo das migracións. Un auténtico e único tesouro que tantos autores documentaron con diferentes e personais olladas, atopase nalgún lugar que so algúns coñecen, escondéndoo ao público que merece ter a oportunidade de disfrutalo.

 

 

 

Advertisements
This entry was posted in Uncategorized by admin. Bookmark the permalink.