Fidel, La Habana e a amizade do pobo galego con Cuba

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. Tambén se pode ver perto de La Hidalga a Alfonso Paz Andrade.

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. Tamén se pode ver perto de La Hidalga a Alfonso Paz Andrade.

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. O encontro entre ambos políticos vira da mán do galego de Ourense Eduardo Barreiros que residía na illa exiliado do seu país de orixe. Dacordo aos meus apuntes na libreta de campo por alí estuveron os xornalistas Manuel Rivas, Alberto Avendaño, Oscar París, e outros que viron de Galicia para cubrir a visita. Entre 1989 e 1991 vivín en La Habana levando a cabo o proxecto “Cuba o último bastión, a loita dun pobo” que acadaría o Fotopres de La Caixa. Aquela iniciativa partira de conversas con Xosé Manuel García Crego e a asociación de Amigos do pobo cubano en Vigo. Houbo moita xente impicada naquel proxecto do que se publicou un cartafol de imaxes en branco e negro cunha pequena exposición nunha sala do Concello de Vigo na praza da Princesa. A miña prezada colega e amiga Maria Xose Porteiro tivo moita complicidade naquel proxecto asi como outras persoas e amigos que traballaron arreo na transición a democracia e das que a mesma historia xa as ten esquecidas. Posiblemente un libro deste proxecto algún día.
© Delmi Alvarez

This entry was posted in Uncategorized by admin. Bookmark the permalink.