“Transmigrants”

nea-vysaaTransmigrantes é un proxecto de fotografía documental (2003-2016) sobre a emigración a Europa por persoas ou grupos de persoas procedentes de Asia e África que foxen da miseria, fame ou conflitos bélicos nos seus respectivos países de orixe. Este proxecto podería ser un máis dos que xa existen e pretende que coa entrega de cada serie de imaxes o espectador razoe e xulgue desde a súa perspectiva persoal uns feitos que actualmente ocorren e que xa son parte da historia da humanidade. O fin que se persegue é o educacional, como unha mostra máis do que a fotografía documental pode aportar ás diversas ciencias para o seu estudo e como testemuños dunha época do século que vivimos.

O proxecto: http://www.delmialvarez.com/transmigrants/

This entry was posted in Uncategorized by admin. Bookmark the permalink.