Fidel, La Habana e a amizade do pobo galego con Cuba

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. Tambén se pode ver perto de La Hidalga a Alfonso Paz Andrade.

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. Tamén se pode ver perto de La Hidalga a Alfonso Paz Andrade.

Fidel e Fraga Iribarne en La Habana, 28 setembro de 1991. A dereita do comandante está Vicente López de la Hidalga, e a esquerda Gunmersindo Rico, embaixador de España e Fraga Iribarne. O encontro entre ambos políticos vira da mán do galego de Ourense Eduardo Barreiros que residía na illa exiliado do seu país de orixe. Dacordo aos meus apuntes na libreta de campo por alí estuveron os xornalistas Manuel Rivas, Alberto Avendaño, Oscar París, e outros que viron de Galicia para cubrir a visita. Entre 1989 e 1991 vivín en La Habana levando a cabo o proxecto “Cuba o último bastión, a loita dun pobo” que acadaría o Fotopres de La Caixa. Aquela iniciativa partira de conversas con Xosé Manuel García Crego e a asociación de Amigos do pobo cubano en Vigo. Houbo moita xente impicada naquel proxecto do que se publicou un cartafol de imaxes en branco e negro cunha pequena exposición nunha sala do Concello de Vigo na praza da Princesa. A miña prezada colega e amiga Maria Xose Porteiro tivo moita complicidade naquel proxecto asi como outras persoas e amigos que traballaron arreo na transición a democracia e das que a mesma historia xa as ten esquecidas. Posiblemente un libro deste proxecto algún día.
© Delmi Alvarez

Advertisements
Posted in Uncategorized

“Transmigrants”

nea-vysaaTransmigrantes é un proxecto de fotografía documental (2003-2016) sobre a emigración a Europa por persoas ou grupos de persoas procedentes de Asia e África que foxen da miseria, fame ou conflitos bélicos nos seus respectivos países de orixe. Este proxecto podería ser un máis dos que xa existen e pretende que coa entrega de cada serie de imaxes o espectador razoe e xulgue desde a súa perspectiva persoal uns feitos que actualmente ocorren e que xa son parte da historia da humanidade. O fin que se persegue é o educacional, como unha mostra máis do que a fotografía documental pode aportar ás diversas ciencias para o seu estudo e como testemuños dunha época do século que vivimos.

O proxecto: http://www.delmialvarez.com/transmigrants/

Posted in Uncategorized

Encontros de fotografía nadal 2016

screen-shot-2016-11-18-at-10-45-40-amEncontros de fotografía no Nadal 2016

Seminarios/Obradoiros de fotoxornalismo e fotografía documental con Delmi Alvarez

Delmi Alvarez lanza unha proposta para profesores, educadores, asociacións, fotógrafos emerxentes, estudantes e curadores de fotografía interesados en organizar seminarios/obradorios de fotoxornalismo e fotografía documental en Galicia entre o 26 e o 30 de Nadal 2016.
Cada Encontro: máximo 3 horas
Lugar: En calquer punto da xeografía galega
Organiza: os grupos interesados
Participantes: mínimo de 10
Obxectivos dos encontros: falar de fotografía, plantexar e resolver dúbidas, crear bo ambente de discurso fotográfico.
Temática: A edición gráfica, producción das grandes reportaxes documentais (foto e video).
Proxección dunha selección de imaxes do último proxecto documental Transmigrants 2003-2016
Revisión de cartafoles

Para máis info contactar con delmi

Posted in Uncategorized