Reedición do libro Galegos na Diáspora en galego, inglés e español?

Emma e Miguel son dous galegos científicos que emigraron cedo a diáspora. Forman parte do libro Galegos na Diáspora e ésta é a foto publicada ademais da súa historia como diasporeiros. Birmingham, Alabama, USA

Dende hai tempo recibo peticións de xente (non só de galegos) animándome a reeditar o libro Galegos na Diáspora 1989-2009, que imprimira a Secretaría Xeral de Emigración no ano 2009. Naquela ocasión foran 500 exemplares, a maioría deles en paradeiro descoñecido. A distribución do libro era gratuita e a idea principal era envialo as Comunidades de Galicia no exterior para engadilo as súas bibliotecas públicas. Como non foi deste xeito moita xente escribeme preguntando como poden acadar un exemplar e sinto non poder axudar nisto. Os libros que me enviou a propia Secretaría de Emigración por ser o autor chegaron a Riga en caixas de cartón e totalmente destrozados. Refixen varios para amosar aos amigos e como portfolio. Tamén fixen unha reclamación no Valedor do Pobo que finalmente arquivou. As peticións veñen por parte de galegos, coleccionistas de fala española e inglesa. Facer unha edición para cada lingua é unha empresa inviable polo alto custe económico que supón e o risco que as editoriais non queren correr polos prezos do papel e impresión.

Benilde, unha muller galega que sufriu moito na vida e que agora vive cos seus gatos e dos moitos recordos de Galicia. Santiago de Chile, 2009

Cabe a posibilidade de que Galegos na Diáspora nas suas versións galega, española e inglesa poda ser unha realidade sempre e cando o proxecto pase a integrarse dentro dunha comunidade de cooperación con aportacións de colaboradores alleos para traducir os textos a esas linguas mencionadas. Os textos de Galegos na Diáspora os forman as viaxes realizadas entre 1989 e 2009 e están en galego normativizado supervisados por Fernando Ramallo da Universidade de Vigo.

Editar o libro en arquivo flash para mercalo e baixalo de internet, como outra idea orixinal e dixital que aportan galegos dende USA.

Engadir máis galegas e galegos ao libro é unha das outras ideas que suxiren os siaeiros do proxecto, pero iso suporía engadir moitas máis páxinas. O que si teño moi en conta é que de Galicia sigue emigrando moita xente é en especial xente mi nova, non atopan traballo, non hai futuro. O proxecto documental en video Fuga de Cerebros abre unha porta a continuación do libro Galegos na Diáspora. Fuga de cerebros é un documental flamdo en Estocolmo, París, Colonia e Alabama con catro parellas de científicos que falan da precariedade na universidade galega e dan as claves de como se pode chegar a non perder a dignidade sen ter que quedarse a que alguén veña a petar na casa apra ofrecer un emprego. As imaxes do documental están arquivadas por falta de financiación.

Carmen. A durísima historia dunha muller galega que vive en Santiago de Chile. Chile, 2009

A impresión do libro faríase mediante o sistema Blurb que permite mercar exemplar por exemplar sen ter que imprimir grandes cantidades de primeira vez.

O proxecto orixinal Galegos na Diáspora ocupa case 700 páxinas en formato A4, pero para a súa impresión eliminaron 200. O libro quedou finalmente en 540 páxinas con textos e fotos.

Os textos do libro son a experiencia que tiven buscando galegos en tódolos continentes, dende Europa as Américas, Asia e Oceanía e África. Unha riqueza que decidín facelo patrimonio de tódolos galegos e galegas ainda que non tivera a oportunidade de ser presentado en Galicia.

O sistema de impresión Blurb non admite máis de 400 páxinas e outras opcións sería imprimr o proxecto por viaxes. Quedaría así: un exemplar de 150 páxinas para cada viaxe Europa 1989-90, Américas 1990-91 e USA 2008-9, Asia e Oceanía 1992-93, África 2003. Deste xeito a edición sería moi posible e a colección formada por 4 libros tería unha consulta expecifica.

Javi e Ana coa filla recén nacida, dous mestres en Garden City, Kansas, USA, 2009

A idea en principio sería a colaboración-aportación de traductores do galego ao inglés e castelán. O meu compromiso con cada un dos traductores sería obsequiar un exemplar do libro que traducira de cada viaxe asinado, dedicado e numerado. A idea que sempre me ronda a cabeza é a de crear un recoñecemento anual para xoves fotógrafos e escritores en lingua galega con proxectos que falen da diáspora, deste xeito seguiremos coa obra que moitas galegas e galegos comezaron hai moitos anos, espallando, falando e conservando a nosa cultura polo mundo adiante.

Convido a que aportedes as vosas ideas.

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s