85 Imaxes da Diáspora nun soto de Compostela

Levo tempo intentando que as 85 imaxes que forman parte dunha selección do proxecto Galegos na Diáspora atopen un lugar donde vivir. Polo de agora durmen nun soto dun bo amigo emigrante que cede en Compostela. Ofrecín esta obra ao Consello da Cultura Galega dous anos atrás pero non tiven resposta. As imaxes están positivadas polo mestre Tino Martínez en papel de bromuro e viradas ao selenio en branco e negro e enmarcadas.

Promovendo a creación da Fundación Diáspora Galega

Fundación Diáspora Galega

No espírito de Galegos na diáspora vive a necesidade de axudar e compartir con outras persoas aportando o mellor para a comprensión do fenómeno da diáspora galega no mundo. É o desexo do autor que estas sementes podan xerar beneficios para a sociedade e que no futuro, construan unha entidade que poda chamarse “Fundación  Diáspora Galega”.

Un interese especial vai dirixido a aqueles traballos que poidan amosar preocupación social da integración entre as comunidades de inmigrantes, como unha axuda as xeracións máis novas que vencelladas á diáspora continuen a construír compromiso e manteñan vivo o esforzo e o patrimonio que miles de galegos e galegas levan espallado polo mundo.

VISIÓN
Entidade de apoio ó estudo, investigación, difusión e desenvolvemento das comunidades galegas no exterior.

MISIÓN

* Apoiar traballos que podan demostrar interese social, de integración entre as comunidades de inmigrantes
* Axudar as novas xeracións que vencelladas á diáspora podan construír compromiso e manter viva a cultura de Galicia.
* Protexer a inmensa riqueza que a nosa cultura ten espallado polo mundo.

OBXECTIVOS

* Impulsar a investigación e posterior difusión do fenómenos da migración.
* Ofrecer bolsas de estudo e bolsas de apoio aos proxecto orixinais, de autores galegos comprometidos que viven fóra de Galicia

VALORES

* Concordia
* Cultura
* Respecto
* Denunciar a escravitude
* Dereito ao traballo