Pavo pavito pavo

Isto é o que dí a Wikipedia do día máis importante do ano nos Estados Unidos de América: “O primeiro Thanksgiving se celebrou para dar gracias a Deus por axudar aos Peregrinos de Plymouth Colony que sobreviviron a un inverno brutal. A festa de Acción de Grazas primeiro durou tres días e ofreceu comida suficiente para 53 peregrinos e 90 indíxenas. A festa constou de aves, caza, peixe, lagosta, moluscos, bagas, froitos, e cabaza. Non entanto, o menú de Thanksgiving tradicional é o pavo, recheo de pataca doce e torta de cabaza”.

Día de Acción de Grazas nos USA. O país paralizase nunha data como hoxe agás unha parte obrigatoria dos servizos públicos. Para outros o día non significa moito. “Mira nosotros los cubanos celebramos el día pero con pierna de puerco, no con pavo” apunta un rapaz sentado a porta dunha das numerosas tendas que abren na Miami Ave. Dí Luis, que traballa nun hotel, que para a súa familia o nadal é máis importante que o Thanksgiving.

O metro deixoume na parada de Brickwell, perto da bahía de Miami, e camiñei sudando a camisa de algodón baixo un quentiño sol que sempre me carga as baterías. Os comercios abriron as portas a pesar de que hoxe é feriado nacional. Brasileiros, peruanos, colombianos, cubanos, apuran e buscan no peto do turista os derradeiros dólares antes de voltar a casa. Falo con un compai cubano que enseguida adivina o meu acento galego. Venden navallas Letherman, Iphones, ordernadores portátiles, perfumes e Levis 501 feitos en Exipto. Exipto, non China. “Seguro que está feito en Exipto?”, preguntolle a rapaza que é haitiana, “aquí na etiqueta pon Made en Exipto, pero vai ti a saber…”

Entro nunha tenda a preguntar por encargo dun amigo os prezos dos Iphone. “El de 8GB a 599, el de 16 a 699…” dime o encargado  un sabe-lo-todo. Para comparar prezos entro noutra e falo cunha muller, é cubana. “Tenga cuidado y no pierda de vista si va a comprar un telefono Iphone, porque se puede llevar la sorpresa de que cuando llegue al hotel, el que le pusieron es chino”, chino?, “si chino, es que hay uno igual que no tiene wifi, y es más lento y este truco es muy normal aquí”. Consulto noutro comercio por esa peza china que asemella ao orixinal e cando o teño na mán, sorprende o parecido, realmente é un bó truco.

No Bayfront están dispostas cadeiras para descansar e ollar a paisaxe baixo palmeiras cheas de cocos. Eli é de Nova Iork e pideme que lle tire unhas fotos para que as vexan os seus cólegas. Eli está moi posto, e xuraría que de pastillas. Saca de camiseta e fai varias poses. Preguntame canto é. Digolle que nada. Amigos? amigos. Puño con puño. Minutos máis tarde come unha banana que garda na súa mochila e o seu cólega diale algo moi divertido que o fai toser, e moi forte.

Perto do edificio do Palacio de Xustiza un home en bicicleta parase ao meu carón. “Oiga, usted es turista?” e me larga un discurso sobre os “colorados” que deambulan polo lugar advertindome de que teña moito cuidado. “Mire, aquí es mejor que venga con otro hombre y armado con una buena porra porque cuando menos lo espera tiene a un negro de esos dándole un golpe con la mano en el cuello y el otro robándole la cámara. Por allá en esas tiendas les dan 1000 dólares y se lo meten en droga. Hay que acabar con ellos”.

País de contrastes, pobres e mendigos nas rúas, acción de grazas e pavo nas mesas dos millóns de familias que hoxe celebran. Eu tampouco vou comer pavo hoxe, xa o comín outro día nun sandwich e non me gustou. Os turistas suben e baixan de iates que os levan pola bahía, os jumbos da Lufthansa chegan dende o horizonte en vó maxistral, planeando sobre as nosas cabezas cheos de xentiñas famentas de sol e calor. Eli tiralle as gaivotas un cacho da súa banana. Pelexa entre elas. Alá ao fondo, un transatlántico tira fume negro ao azul do ceo e quenta máquinas, voan bandexas de calamares fritos na terraza dun bar de cubanos, e famosillas axustánse os peitos de silicona e morden beizos para os obxectivos das cámaras de algúns homes que levan sandalias con calcetíns brancos. Sol que queima e non perdoa, a pouco metros hai unha árbore de nadal en medio do trópico. Xa estamos no nadal?.

Camiño de volta ao hotel. Alguén deixou un papel de cór amarelo debaixo da porta do cuarto, leo: Cea especial, pavo con vexetais, patatas, postre, té xeado e auga, todo por 14.95 USD Impostos aparte.  Que teña un bó día. (E avisan de que non hai outra cea). Cenarei pavo?.

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s