Os veciños de Emma e Miguel

Emma e Miguel son dous galegos de Vigo e de Compostela que traballan na UAB (Universidade de Alabama Birmingham) como profesores axudantes no departamento de psiquiatría da universidade.  Viven nas aforas da cidade e os seus veciños son Scott de orixen lituano-francés e Janien croata-francés . Scott Stantis é un dibuxante que recentemente foi fichado polo Chicago Tribune, anteriormente formaba parte da redacción do Birmingham News. Hai máis de nove anos o Chicago Tribune chamouno para ofrecerlle un traballo pero daquela a cousa quedou en nada. Desta volta é de verdade,  acaban de responderlle pedindolle que vaia a traballar con eles.

Tiven a oportunidade de mirar como este maestro dos cartoons (tiras de debuxo nos xornais) esbozaba primeiro a lápiz e trazaba despois con bolígrafo de punta fina o debuxo final (penso que 0,7) Todo un feito histórico. Cando era neno sempre soñaba con debuxar como os que facían os tebeos, o Capitán Trueno, Hazañas Bélicas. Scott deleitoume por minutos co seu arte e co seu talento. A súa dona Janien non ve o tema con bós ollos porque agora teñen que mover a súa vida de trece anos nunha fermosa casa a unha gran cidade como Chicago. Os americans están en movimento contstante, non paran.

Onte os meus hospitalarios amigos convidaron a os Stantis a cear unhas tortillas. Diso encargouse Miguel, que é o que controla máis. Dúas fermosísimas tortillas de nove ovos e catro patacas grandes sairon dos fogóns daquela casa dereitiñas para a mesa. Os veciños de Emma e Miguel quedaron encantados, tanto que os convidaron a unha cea na súa casa a base de comida china, que tampouco estaba mal.

Os Stantis marchan en breves semanas para Chicago e os nosos galegos quedan sen eles.

Cando nos recibiu na súa casa tiña colgado do mástil duas bandeiras: a de Letonia y e a de Galiza, agasallo ésta última dos seus veciños galegos. E é que Scott cada vez que ten visita busca no seu armario a bandeira do convidado.

Hoxe luns Emma e Miguel voltan a rutina diaria no seu laboratorio da univerdidade. Toca entrevistar candidatos para facer a residencia en psiquiatría e preparar unha morea de mostras de cerebros que hai que mirar antes do Thanksgiving (Día de Acción de Gracias) que é a festa familiar máis importante do ano, moito maís que o nadal.

A mediodía teño un vó para Miami donde filmarei por uns días a fotoxornalista da National Geographic Ami Vitale.

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s