Abraham dende Vigo

Hola Delmi:

Chámome Abraham e son un gaiteiro de Vigo. www.myspace.com/abrahamfernndez

Son un fiel seguidor dos teus traballos e o igual ca tí apasióname todo o que fai referencia á emigración galega.

Observei no teu blog que estás traballando pola zona de Panamá, país que visitei no 2001.

É unha rexión do continente centro-amricano pola que teño especial simpatía e afecto.

En Panamá non tiven oportunidade de ter contacto ca comunidade galega. Era moi novo e participei nunha especie de festival internacional chamado “Injumpa”

Quedei maravillado e sempre tiven a necesidade de leer sobre as suas costumes, historia, política, actualidade.

Nun deses momentos durante os que navegaba pola rede buscando concretamente presenza galega en Nicaragua atopei unha historia, inventada por unha alumna dun instituto catalán. Tocoume tanto a fibra que non parei ata lograr viaxar novamente a centro-américa.

http://www.iesespriu.org/sant%20jordi%2005/sintes.pdf

Estiven en Costarica.

Fai relativamente pouco estiven alí, impartindo uns cursos de gaita galega pola secretaría de emigración. Alí estase  xestando un fenómeno curioso en torno á música celta.
Apadrinado por un grupo de músicos “ticos” www.peregrinogris.com vense desenvolvendo un seguimento curioso  en torno a este xénero musical no que a xente baila intuitivamente unha muiñeira e reciben a nosa música como algo propio. É un fenómeno fascinante.

A presenza galega ca que tiven contacto xiraba en torno ó hogar Español.

-Coñecín a filla dun gaiteiro xa finado. Trouxo a gaita do pai (antiquísima) para intentar restaurala…

Experimenei situacións de todo tipo, incluída a visita a un hogar de anciáns chamado “Club Rotario Escazú” na cal coñecín a un fuxido nazi Karl Hainz, Carl Heinze…disculpa non poder concretar máis. (Aclároche que non se trata dun feito que me emocione, todo o contrario, de feito, surxiume a necesidade de contarcho incluso sen coñecerte porque non se me quita da cabeza,.. coincidíu este feito ca campaña promovida pola asociación Simon Wiesenthal, póñenseme os pelos de galiña). En fín… Este home seica foi coronel de aviación das SS.
O máis forte é que esta residencia de anciáns está apadrinada por un galego Ramón Banet, o cal anterirormente tivera relación ca política do país, e que rexenta a empresa http://tubocobre.net/ Ata fai pouco era o presidente da Asociación Cultural “Lar Galego” de San José de Costarica.

Sempre pensei que estando en Costarica obtería algunha información sobre a situación da emigración galega en Nicaragua, pero non conseguín nada.

O meu presuposto non me permitía viaxar, e o meu cometido alá era dar clases…Sentínme moi frustrado por non viaxar a Nicaragua.

Despois de leer a historia que conta a alumna nesa redacción, sempre tiven o presentimento de que hai galegos olvidados en Nicaragua, e que moi pouco se sabe deles.

Oxalá ti me podas contar algo algún día.

Un saúdo:

Abraham

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s