Where is Delmi?

O pelegrín e cronista da diáspora, Delmi Álvarez, volveu parar por Washington, DC e encontrou abeiro no “baixo” da miña casa en Maryland. Fomos ó Mall Nacional, alí onde están os fermosos e gratuítos museos federais, alí onde está o monolito-obelisco a Geoge Washington (o que os  meus fillos cando nenos chamaban o”big pencil”); alí onde está un Abraham Lincoln pétreo, sereo e maxestuosos, no seu memorial; alí onde están os monumentos paseables ás Guerras (Corea, Vietnam, a 2a. Guerra Mundial…). Washington por momentos pode parecer un fermosos monumento á morte, noutras un impresionante testemuño da democracia. Ás veces, a mellor das metrópolis provincianas. E Delmi escoitou a miña historia e as bhistorias que lle contei dos galegos de aquí (e pediume que o contara para o libro da diáspora). E Delmi tirou fotos a esgalla: eu berrando o meu soño desde o punto onde hai 40 anos Martin Luther King cambeou a historia, eu diante do Capitolio, eu facendo introspección da historia e sentíndome un galego exhibicionista gracias á cámara de Delmi Álvarez. Estivemos con Juan Manuel Pérez—toda unha fonte inesgotable de historia, historias e sabedorías, e especialista en temas latinoamericanos na Biblioteca do Congreso de Estados Unidos. Pero cando subín ó coche de Juan Manuel —despois de visitarmos a Library of Congress— falamos do que importa —do seu pasado de fillo orgulloso de mariñeiros de Ribeira e de fútbol: descubrimos que unha das cousas que a ámbolos dous nos mantiña coa mente estable era poder seguir o fútbol por GolTV, a canle que nos permite seguir a Liga española, italiana, inglesa… Hoxe é domingo 28 (e o Barcelona xoga  co Villarreal en partido repetido) e Delmi xa marcho de Washington (debe andar con Emma en Birmingham onde ela e o seu compañeiro investigan, é dicir, fan o que non puideron facer en Galicia) E eu lembro o que o Premio Nobel de Medicina e investigador asturiano e neoiorquino me dixo unha noite de 1990, despois de entrevistalo para a TVG: “Avendaño, márchese a Estados Unidos”. Profesor Ochoa: aquí estou, igual que Emma Pérez-Costas, e Juan Manuel Perez, e tantos outros que estes días rescata, coma libros nunha biblioteca, Delmi Álvarez. ¿Onde está Delmi?

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s