Desde Washington

Hoxe 25 de decembro, Delmi regresou á casa en Maryland para seguir coa sua obsesión de fotografar a galeguidade washingtoniana. Galicia vívese na área de Washington, por debaixo da auga. É dicir, non existimos na superficie. Os galegos de Washington traballamos a pedra do Capitolio, ou traballamos no seu interior; somos xerentes da banca, ou executivos do Banco Mundial; servimos as mesas de importantes convites na Casa Branca, ou rexentamos restaurantes. No meu caso, dirixo El Tiempo Latino, unha publicación que pertence a The Washington Post. Ser o primeiro galego na estructura do Post ten as súas avantaxes: ter que explicar Galicia desde unha posición de privilexio. Galicia é Martin Sheen e a hollywoodiense familia dos Estevez. Galicia é Julio e Enrique Iglesias: posiblemente o galego-estadounidenses máis mediáticos. Pero tamén hay policías galegos, investigadores galegos, prominentes universitarios e pensadores galegos en Estados Unidos. E un pai e un fillo novelistas galegos: Jose Yglesias e Rafael Yglesias… xa falaremos deles e doutros… e de ti se me les. Máis que nada, para sairmos á superficie ou para nadar coa corrente deste país enorme, inquietante e acolledor.

One thought on “Desde Washington

  1. Ola Alberto,
    Benvido a este curruncho da diáspora que é unha pequena leira con cabida para todos. Teño que dicir que Alberto e eu nos coñecemos do Vigo gris dos ´80, de Rompente, da túa experiencia na diáspora en Milán, do teu nomadismo como o meu, de petar nas portas e de recibir portazos, da Barcelona de Mario Gas, e finalmente como otros muitos afincado nos EE.UU. moi lonxe da terra.
    Galegos na Diáspora faise dende a propia diáspora.

    Xa o decían:
    Ninguén é profeta na súa terra.

    desafortunadamente.

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s